Editorial
Tuesday, 12 February 2008

 Moitos son os anos que se precisan para mudar realidades no noso barrio. Todas e todos o poidechedes comprobar coa loita que tivemos nestes últimos coa zona verde a carón do IES do Castro: tres anos de reiteracións e recollida de firmas para conquerir que habilitasen unha zona verde para o uso da veciñanza, que sempre fora a súa primaria función, pero que tivemos que soportar como esterqueira. A aportación de firmas que fixo a veciñanza foi fundamental para acadalo.

A lentitude tamén está a protagonizar outra das reinvindicacións que agora mesmo se están a facer para o noso barrio: a estructura baleira a carón do Colexio Doutor Fleming.

 

Ler máis...
 
Concentración
Tuesday, 12 February 2008

 O vindeiro xoves día 3 de novembro faremos unha concentración na praza situada enriba da "estructura" da rúa Romil o lado do colexio Doutor Fleming. Terá lugar ás 16:30 h. Colocaremos unha pancarta reivindicativa. ¡Animávosmos a que veñades a apoiar esta reivindicación!

 

 

 

 

 

 
4ª Festa Veciñal
Tuesday, 12 February 2008

 O pasado 20 de novembro de 2005 tivo lugar a 4ª festa veciñal. A festa contou  cun magosto popular no que: as castañas repartironse de balde, con actividades para os/as rapaces/zas, actuación dun grupo de gaiteiros, pandereteiras e un grupo de baile de Beade.

Ademáis coma tódolos anos fixose un sorte de 2 lotes de lacóns e chourizos e de 4 lotes de productos ecolóxicos da cooperativa Árbore. Debido a choiva tiveron que facerse as actividades no pabillón do IES do Castro, que o cedeu como fai dende fai 3 anos para que non nos mollemos o día da festa do noso barrio.


 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 4 de 7

Acceso usuarias/os






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Sindicación

Escolle aparencia

metropolitan